As ruadas da brass band feminina Brassica Rapa chegan este sábado a Boiro

17 Agosto 2021

A brass band Brassica Rapa estará este sábado 22 de agosto en Boiro, ofrecendo a cidadáns e visitantes un espectáculo itinerante polo rueiro da vila (a ruada musical para todos os públicos Fanfarria). O itinerario comezará ás 11.00 horas. Non se require inscrición.

A banda, composta integramente por mulleres, ofrecerá un espectáculo moi variado que mesturará música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai dende grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas.

Estas artistas recollen influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. Incluso as compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións coma Liska, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...