As deportistas do Voley Playa Madrid visitaron Ribeira

20 Agosto 2021

Catro das seis integrantes do club Voley Playa Madrid que lograron este 19 de agosto a medalla de bronce no Campionato de España de Clubs veñen de recalar na nosa comarca para tomar un descanso logo da competición e, con tal motivo, acudiron ata Ribeira para coñecer os tesouros medioambientais e patrimoniais do concello.

Elas son a madrileña residente en Toulouse Claudia Santisteban Davila e as francesas Elsa Descamps, Anouk Dupin e Pia Szewczyk. Por certo que tras os devanditos logros, Claudia Santisteban xa anunciou que afrontará en dúas semanas o reto do campionato de España individual que se disputará en Fuengirola (o ano pasado quedou quinta).

O alcalde felicitou ás xogadoras e agradeceu que pensaran nesta comarca para repoñerse tras os días de competición, e recordou que na modalidade do volei en sala, Ribeira é un referente na canteira.

As xogadoras foron obsequiadas co novo merchandising do Camiño de Santiago A Orixe co deseño de Manuel Ayaso e Laguerzza que se acaba de dar a coñecer.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.