Anxo Lorenzo, Russinha, Laura Lamontagne e PicoAmperio actuarán no Faro de Corrubedo en setembro

16 Agosto 2021

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou na mañá deste 16 de agosto o ciclo Concertos na fin do mundo, unha proposta musical que convida a experiencias únicas nos faros galegos. O ciclo, que conta coa colaboración da Fundación La Caixa no marco do Xacobeo, inclúe o Faro de Corrubedo (Ribeira) entre os emprazamentos históricos e singulares a reivindicar. A cita será o 3 de setembro co gaiteiro Anxo Lorenzo. O evento abrirase ás 20:30 cunha sesión DJ da man de Russinha, creando un momento de desconexión que “nos permitirá gozar da paisaxe e fusionarnos coa contorna”. Ás 21:00 horas comezará a actuación da cantante galega Laura Lamontagne & PicoAmperio. Ás dez da noite, será a quenda do gaiteiro Anxo Lorenzo, xa ao luar.

Amais do gaiteiro de Moaña, participan no cartel xeral as cantareiras As Tanxugueiras, Dulce Pontes e Mikel Erentxun. Inclúense tamén os faros de Baiona, Muxía e Cervo.

Os concertos serán o 21 e o 27 de agosto e o 3 e o 10 de setembro, para grupos reducidos que van de 100 as 250 persoas “dependendo das características do faro e do nivel de ocupación dese escenario natural, tendo en conta os protocolos de seguridade e as normas sanitarias”.

Os que desexen asistir poderán obter máis información na web www.concertosnafindomundo.com, desde onde serán redirixidos á pasarela de pago na que poderán adquirir as entradas polo prezo de 10 euros.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.