A Xunta comezará a vacinar ao grupo de idade de entre 16 e 14 anos a vindeira semana

18 Agosto 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou está mañá o comezo da vacinación, a vindeira semana, do grupo de idade con idades comprendidas entre os 14 e o 16 anos.
Acompañado polo xerente do Sergas, José Flores; a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, e o membro do comité clínico, Pedro Rascado; o titular de Sanidade adiantou que esta mesma semana se comezarán a enviar as mensaxes de citación aos mozos e mozas galegas desta franxa de idade.
Na rolda de prensa posterior á xuntanza do comité clínico, o responsable de Sanidade subliñou que a situación epidemiolóxica de Galicia “é estable e con tendencia descendente”, de acordo á baixa rexistrada nos datos de incidencia acumulada en todas as áreas sanitarias galegas. Con todo, convidou á poboación a “non baixar a garda, nin confiarse” pois “o virus segue activo e contaxiando”.

O presidente Feijóo acompañado polo conselleiro Julio Garcia Comesaña preside a reunión do comite clinico

Outros artigos

Sábado empeza con nubes que darán paso a sol e temperaturas en alza

O sábado comezaremos a xornada cos ceos cuberto. A partir do mediodía os ceos quedarán con apertura de grandes claros. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente e as máximas sobre os 25 graos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste. O domingo teremos sol e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

“Non é iso, non é iso trabúcanse”. Antón Luaces

Dende o clásico "pezqueñines no, gracias" dos anos 80 do sèculo pasado, a outras campañas de corte semellante desenvolvidas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os distintos gobernos españois nunca apoiaron con convencemento ao sector pesqueiro,...