A Xunta abre novamente a autocita para os nacidos entre os anos 2000 e 2005

04 Agosto 2021

A Xunta de Galicia quere seguir progresando no proceso de vacinación dos grupos nos que o virus ten máis incidencia. Así, dende o dia 22 iniciou a vacinación do grupo de 29 a 20 anos, no que xa se avanzou considerablemente. Ademais, púxose en marcha a autocita entre os adolescentes, na que, inicialmente, dispúxose de 5.000 doses e 11.000 na segunda apertura.Agora, novamente, Sanidade abre de novo a autocita, dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 doses para os nacidos entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a vindeira semana. 

Ademais, estase a citar por SMS a todos os cidadáns nacidos no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.

Sinalar que para pedir autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (É-Saúde). Tamén pódese solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.

.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....