Desde hoxe comeza a vacinarse á mocidade de entre 16 e 12 anos

23 Agosto 2021

O conselleiro de Sanidade trasladoulle ao titular de Educación a incorporación ao Plan de vacinación dos mozos e mozas de 12 e 13 anos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, vén de anunciar que a Xunta de Galicia comezará a vacinar aos mozos e mozas con idades compredidas entre os 16 e 12, a vindeira semana.
Así o anunciou o titular de Sanidade, trala xuntanza mantida esta mañá co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na que se planificou a vacinación do alumnado de Educación secundaria.
Deste xeito, o vindeiro luns, día 23 de agosto, Sanidade administrará a vacina de Moderna aos rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 13 anos. Nomeadamente, no casos do estudantado con 12 anos, vacinarase inicialmente, a aquelas persoas que xa teñan cumprido a devandita idade, para posteriormente, ir incorporando ao plan de vacinación aquelas persoas que vaian cumprindo os 12 anos nos vindeiros meses.
No que atinxe á vacinación do grupo con idades comprendidas entre os 16 e os 14 anos, esta levarase a cabo nas xornadas do vindeiro mércores e xoves, coa administración da vacina de Pfizer.
O conselleiro de Sanidade remarcou que o comezo da vacinación deste grupo de idade “garante un inicio de curso todavía máis seguro”, dado que “para a semana do 13 ao 19 de setembro na que comezará o curso escolar, todo o alumnado susceptible de recibir a vacina contará coa pauta completa”.
O proceso de citación do alumnado de 12 e 13 anos botará a andar na xornada de hoxe co envío de mensaxes de texto ao número de contacto que se teña asociado ás tarxetas sanitarias. Así, estas citas poderán comprobarse nas distintas aplicacións do Sergas.

No caso dos menores con idades entre 12 e os 15 anos, a característica diferencial deste procedemento, é que se precisará dun consentimento informado por escrito, asinado polo pai, nai ou titor legal do menor.
Este documento, estará dispoñible na páxina web do Servizo Galego de Saúde para descargar. Ademais, deberase entregar no recinto de vacinación, en formato papel, cuberto e firmado. Con todo, este requisito lembrarase na mensaxe de citación, onde se incluirá unha ligazón directa para descargar do documento

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...