A regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín larga amarras esta finde nunha edición histórica

20 Agosto 2021

Texto e imaxes de Juan Caballero

O Real Club Náutico de Portosín xa loce as súas mellores galas ante o inminente bocinazo de saída á XXXIII Regata Már de Finisterre – VII Trofeo Pitusa Sabín. Con máis de 30 unidades confirmadas, as augas da ría de Muros e Noia converteranse, este fin de semana, nun brillante escenario para o espectáculo de barcos e velas que non darán tregua até alcanzar o seu obxectivo, o liderado do Trofeo Presidente Xunta de Galicia que, de momento, está en mans de Diego López, patrón do MIRFAK, da Armada Española, na combinada ORC 0-1, e na de Tom Núñez, armador e patrón do Raygrass III, do Club Carrumeiro, na División ORC 2-3.

A este destacado elenco de barcos hai que sumar a posta en escena de veleiros como o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa; o Urbapaz, de Fran Edreira, do Club Marítimo La Penela, que vén de gañar o Trofeo Hotel Carlos I Silgar, en Sanxenxo; o Sadamar Alma do Mar, de José Manuel Enríquez, tamén de La Penela; o Mar de Frades, de Jorge Carnero, do Club Náutico San Telmo; o Meltelmi Impresión 3D Atlántico, de Guillermo Blanco, do Real Club Náutico da Coruña; así como os locais do Real de Portosín, Arroutado, de José Manuel Pérez, que desta volta estará capitaneado por Manu Jiménez; o Siradella, de Francisco Gude; o Kanala, de Ignacio Ecenarro; o Entropía, de Jorge Arán; ou o Monte Ulía, de Eduardo Arán, entre moitos outros.

O top do sábado está previsto ás 12 do mediodía, cun trazado costeiro de subida e baixada desde Portosín até o Carrumeiro Chico, na enseada de Fisterra, cunha distancia próxima ás 40 millas náuticas, un 74 km. Os máis pequenos realizarán un percorrido polo interior da ría dunhas 10 millas, un 18 km.

O domingo están previstos dous bastóns ao vento, tipo barlovento-sotavento nas inmediacións do Real Club Náutico Portosín, con saída ás 12 do mediodía e unha distancia media dunhas 8 millas náuticas por bastón, 15 km.

A Regata Mar de Finisterre – Trofeo Pitusa Sabín, conta coa colaboración do Concello de Porto do Son, a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín e Conservas Sotavento.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...