A rapazada do Son participou nunha sesión intensa e creativa de robótica educativa

16 Agosto 2021

As nenas e nenos de Porto do Son tiveron o pasado 12 de agosto unha oportunidade de divulgación, formación e participación para mergullarse de cheo nas novas tecnoloxías creativas que nos acompañarán en décadas vindeiras.

Estamos a falar do obradoiro de robótica educativa do programa Ler Conta Moito (Rede de Bibliotecas Públicas Municipais de Galicia), que fixo unha parada na Casa da Cultura de San Pedro de Muro (Porto do Son). Na actividade mostrouse á rapazada como crear diferentes tipos de trebellos robóticos e manexalos a través das súas tabletas. Tamén se lles mostraron as posibilidades dos kits de Lego Robotics. Foi unha actividade familiar na que tamén participaron os maiores de cada casa.

O taller Robótica Creativa, Cultura Inspiradora veu da man da Rede Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración co Concello do Son (ao abeiro de Ler Conta Moito).

O obradoiro foi impartido por A Nube Animación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.