A Policía Local de Rianxo detivo a 8 persoas no último mes. Fixo 408 inspeccións sen detectar infraccións pola COVID

23 Agosto 2021

A Policía Local de Rianxo fixo balance da súa actividade recente, poñendo o foco nos recursos habilitados para garantir a seguridade viaria e, tamén, para garantir o cumprimento das medidas decretadas pola Xunta contra a COVID-19 (ao abeiro do programa Hostalería Segura). Nesta liña de traballo os axentes efectuaron dende o 26 de xullo até hoxe 408 inspeccións de establecementos hostaleiros. Os operativos saldáronse sen detección de infraccións no sector.

Do mesmo xeito, dentro dos distintos operativos preventivos establecidos en materia de seguridade viaria en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico e o Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia a Policía Local de Rianxo efectuáronse un total de 93 controis e puntos de verificación, procedéndose a controlar 4.537 vehículos e condutores e dando como resultado 18 infraccións de velocidade detectadas, 9 alcoholemias positivas e 1 condución baixo a influencia de drogas.

Os axentes tamén levaron a cabo 15 dispositivos especiais de tráfico con ocasión de diversos eventos e asistiron a un total de 16 accidentes nas distintas vías e parroquias do concello.

En materia de seguridade cidadán procedeuse á identificación de 57 persoas e á intervención de diversas cantidades de sustancias estupefacientes e psicotrópicos e un arma branca e á proposta de sanción dos seu posuidores, así como á posta a disposición xudicial de 8 persoas, dúas delas por delitos contra a seguridade viaria, 2 por delitos de violencia de xénero, 2 por delitos contra a propiedade, 1 por delito de atentado a axentes da autoridade e 1 por un delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas. Neste último caso, ademais de procederse á incautación de diversas doses de cocaína e heroína (diferenciadas polo seu posuidor) e procedeuse á incautación de diñeiro en moeda fraccionada e á inmobilización e traslado do vehículo empregado “por carecer de seguro obrigatorio dando positivo o seu condutor na proba de drogas efectuada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.