A Peregrinación Europea da Mocidade lánzase coa esperanza de recibir ao papa en Santiago en 2022

07 Agosto 2021

A Peregrinación Europea da Mocidade ( PEJ) presentouse este sábado nun acto ás portas da Catedral de Santiago, no que, xunto aos mozos, participaron autoridades eclesiásticas e civís, que coincidiron en resaltar a aspiración última de poder recibir na capital galega ao papa Francisco.

, Alfonso Rueda, participará no acto de presentación das actividades da Peregrinación Europea da Xuventude (PEX22)

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, animou hoxe aos mozos a peregrinar a Santiago e descubrir os valores espirituais do Camiño durante este Xacobeo 21-22. Así o indicou esta mañá no acto de presentación das actividades da Peregrinación Europea da Xuventude, que presidiu o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio.

Esta peregrinación, que se adiou debido á pandemia do coronavirus, está prevista para agosto de 2022 coa chegada a Compostela de milleiros de mozos -xa hai máis de 8.000 inscritos actualmente e prevese duplicar a cifra- a través das distintas rutas xacobeas.

Alfonso Rueda lembrou que estes mozos e tódolos peregrinos que están a chegar xa a Santiago poden vivir o Camiño como unha experiencia segura e atopar en Galicia un destino seguro no que descubrirán natureza e espazos abertos tan demandados no escenario postpandemia, así como coñecer o patrimonio, a cultura e a gastronomía da comunidade.

Deste xeito, incidiu en que o Camiño tamén ofrece todo isto e, ademais, supón unha meta espiritual para moitas persoas que o percorren e permite poñer en valor aspectos como a xenerosidade, a espiritualidade, o voluntariado e a hospitalidade. Por iso, aproveitou para agradecer a implicación desinteresada de voluntarios e hospitaleiros que difunden estes valores entre os peregrinos que realizan o Camiño neste Ano Santo Dobre.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.