A nova edición do programa de dinamización O galego campa! foi presentada en Boiro

11 Agosto 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística puxo na Rede, no Portal da Lingua, todo o relativo ás actividades, aos obxectivos e ás datas da iniciativa O galego campa!, o programa para incentivar o uso do galego nos campamentos estivais que este ano inclúe novas propostas que enriquecen o catálogo dixital de actividades de tempo libre na nosa lingua.

A nova edición do programa (que o ano pasado cancelouse por mor da gravidade da COVID-19) foi presentada os días pasados polo secretario xeral Valentín García e máis a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel. Fixérono no Campamento de Espiñeira, no concello de Boiro. Alí deron a coñecer que durante este mes, as actividades de O galego campa! chegarán a preto de 1.000 mozos e mozas de estadía en 13 instalacións xuvenís dependentes de Política Social

“Presentamos a novena edición do programa, que este ano é sensíbel á complicada situación emocional que as restricións á mobilidade, á relación e á proximidade social derivadas da actual situación sanitaria xeraron entre a mocidade”, explicou Valentín García, quen recordou que “un dos compromisos da Xunta de Galicia é o de dinamizar o uso do galego na mocidade e ofrecer espazos e ámbitos de uso de interese para a xente nova, obxectivos para os que aproveitamos todas as oportunidades que nos ofrecen estas estadías estivais”.

Pola súa banda, Cristina Pichel reivindicou a importancia que teñen este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o ocio e seguro da mocidade durante a temporada estival, así como favorecer o uso do galego no ámbito do lecer.

Actividades e novas propostas no Repositorio dixital de tempo libre

Tras o verán de 2020, volve O galego campa!, o programa autonómico destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán do Goberno galego e mais a facilitar ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022.

As actividades, que incluirán a dinámica Canto te quero: conversas en grupo para falar de amor, chegarán ata o 14 de agosto aos campamentos Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son, A Coruña), Espiñeira (Boiro, A Coruña), Furelos (Melide, A Coruña), Illa de Ons (Bueu, Pontevedra), Area (Viveiro, Lugo), A Devesa (Ribadeo, Lugo), Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo), As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra), Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo), Mariña Española (Sada, A Coruña), Gandarío (Bergondo, A Coruña), Pontemaril (Forcarei, Pontevedra) e Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense).

Como de costume, O galego campa! inclúe novos materiais para o Repositorio dixital de tempo libre en galego, de libre acceso para educadores/as e para calquera outra persoa interesada. Serán propostas encamiñadas a fomentar o diálogo na nosa lingua arredor da igualdade entre mulleres e homes, a educación para a paz e a prevención da violencia de xénero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...