A morte de dous homes eleva a 2.568 os falecidos pola covid-19 en Galicia

31 Agosto 2021


Galicia suma xa 2.568 falecidos con covid despois do falecemento doutros dous homes, de 89 e 92 anos, respectivamente; na xornada do domingo 29 de agosto.

Os últimos decesos pola pandemia foron comunicados polas autoridades sanitarias galegas na tarde deste luns.
Trátase de dous homes de 89 e 92 anos que se atopaban hospitalizados no CHUO e no HULA e que foran diagnosticados con covid.

Ambos tiñan patoloxías previas, segundo a Consellería de Sanidade.

Pola súa banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.022 deles 2.083 son da área da Coruña, 1.437 da de Lugo, 672 da de Ourense, 557 da de Pontevedra, 1.391 da área de Vigo, 1.317 da de Santiago e 565 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 169 en unidades de hospitalización e 7.798 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 167.938 persoas curadas, rexistrándose 2.566 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.741.333. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.059.650.

Outros artigos

A Pobra acende o seu Nadal ao son da música e degustando chocolate

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...