A Feiriña de Outes chega o 21 de agosto á súa segunda edición

09 Agosto 2021

O Concello de Outes, a través da Axencia de Desenvolvemento Local, organiza este mes de agosto unha actividade directamente encamiñada a promover o comercio local e dinamizar o sector nestes tempos de progresiva (aínda que accidentada) desescalada. Trátase da segunda edición da Feiriña, prevista para o vindeiro 21 de agosto.

Segundo informa o Concello, o evento está aberto á participación de todos os negocios locais, que poderán habilitar o seu posto ao abeiro da actividade. Para implicarse na Feiriña e mostrar os seus produtos e servizos dun xeito directo ante residentes e visitantes, poden solicitar información ao teléfono 981 850 003 ou enviando un correo a carlos.rodriguez@outes.gal. O prazo remata o 13 de agosto.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...