A feira instalada nos Xardíns de Valle-Inclán da Pobra ficará activa até o 31 de agosto

26 Agosto 2021

Estes días (por quinto ano consecutivo) está a desenvolverse nos Xardíns de Valle-Inclán o mercadiño de actividades e produtos artesanais A nosa feira, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal.

Tal e como explicou a edil Charo Varela (Nós Pobra), trátase dunha actividade “segura, ao aire libre e que permite a distancia social” cuxa finalidade radica en apoiar o sector do comercio, neste caso, o itinerante.

Charo Varela visitando os postos da feira

Nas súas palabras, “constitúe un atractivo turístico máis que busca tamén redundar positivamente noutros sectores como, por exemplo, o da hostalaría e os propios establecementos do municipio”. Neste senso, a concelleira valorou “positivamente” a afluencia de xente, “con maior volume que noutras edicións”. Tamén fixo saber que a actividade rematará o 31 de agosto “despois de ficar aberta dende finais de xullo”.

O mercadiño consta de dezaoito postos nos que se venden diversos produtos: téxtil, calzado, artesanía, xoiaría ou alimentación, entre outros. Ademais, o Concello contribuíu cunha caseta de seu, poñéndoo a disposición (gratuitamente) do comercio local pobrense.

Doutra banda, a titular da Promoción Económica fixo balance do mercado mariñeiro que se situou na praza Alcalde Segundo Durán do 19 ao 22 de agosto, enmarcado na programación da Semana do Mar, e que resultou “todo un éxito”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.