“A escaleira de Ana Peleteiro” – Manuel Domínguez

03 Agosto 2021

Para chegar á cúspide sóbese chanzo a chanzo, non hai ascensor, hai un duro, un traballoso sacrificio cotián.

Para chegar á súa casa hai que subir unha costa, onde os que peiteamos canas, costa xa o seu.

Nós vemos na pantalla desde hai tempo, as súas marcas, os seus premios, os seus triunfos, pero non vemos que hai que levantarse ás 6 da mañá, para facer os exercicios correspondentes, logo estudar, descansar, tomar aire e seguir adestrando.

Chégase á cima banzo a banzo, e cada banzo é un duro sacrificio que hai que asumir, nunca renderse, mirar ao horizonte, até lograr a meta soñada.

Vemos actores, actrices na pantalla e que ben locen, non vemos horas e horas de estudo, aprendendo un guión, iso non sae n a pantalla.

Todos temos a nosa utopía, a de Ana é a súa avoa, un exemplo de muller loitadora.

Di Ana “A miña avoa sempre foi un referente. Non sabía falar castelán porque non puido ir á escola. Tivo que quedar tratando as vacas, a horta, o prado, a vida rural de antes. E aínda así sempre tentou aprender, escribir, transmitir aos netos que hai que estudar para formarse”.

Detrás de todo éxito, hai un duro e difícil traballo, non de días, anos de vida, vida entregada ao que un ama.

A memoria do éxito é efémera, e agora toca ir buscando metas para labrarse un certo futuro, para quen está acostumada ao sacrifico non lle será difícil.

Sen sementa, non haberá colleita.

Outros artigos

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.