A Deputación apoia con 431.000 euros a actividade das confrarías e agrupacións marisqueiras (media ducia da nosa comarca)

13 Agosto 2021

A Deputación da Coruña apoia as confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadores e mariscadoras para o desenvolvemento da súa actividade cunha achega total para toda a provincia de 430.945 euros. Esta contía permitirá cofinanciar a contratación e mantemento de persoal, mellora de infraestruturas e procesos de comercialización, entre outros.

“Trátase dun programa co que impulsamos un sector estratéxico, cunha gran importancia económica e social e que xera miles de empregos” destacou o deputado de Promoción Económica, Blas García, que tamén sinalou que aínda que o sector da pesca coruñesa “viuse seriamente afectado pola crise sanitaria, segue liderando as cifras de pesca fresca en Galicia”.

A través desta liña de subvencións, un total de 27 pósitos coruñeses recibirán entre 3.808 euros e 19.500 euros, que poderán destinar a contratación e mantemento de postos de traballo, servizos de gardapescas, adquisición de sementes de moluscos, vixilancia e xestión de bancos marisqueiros, mellora na comercialización de especies, servizos de asesoramento ou adquisición de maquinaria e equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo.

Pola nosa comarca, inclúense as seguintes: Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño (12.000 euros para a adquisición se semente de ameixa de posta inducida), Confraría de Pescadores de Muros (17.500 euros para a mellora da comercialización dos recursos non marisqueiros), Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz (16.500 euros para a optimización da actividade funcional da Confraría e da Lonxa de Cabo de Cruz), Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia (18.500 euros para o reforzo laboral da actividade da oficina), Confraría de Pescadores San Pedro de Ribeira (19.500 euros para adquisición de semente e a comercialización de produtos pesqueiros de difícil saída comercial na Lonxa de Ribeira), Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son (18.448 euros para a vixilancia dos bancos mariqueiros e a comercialización de produtos pesqueiros de difícil saída comercial na Lonxa local) e Pósito de Pescadores de Rianxo (17.500 euros para a mellora na comercialización da Lonxa de Rianxo).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.