A coordinadora CEMMA recomenda tranquilidade para o lobo mariño que está a visitar a nosa costa

24 Agosto 2021

Doqui, a foca gris que estivo os días pasados en Corrubedo, na praia de Robeiriña facendo un alto no seu percorrido pola costa galega, é motivo de preocupación para a Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños (CEMMA), quen comprobou estes días que se está a achegar a zonas máis poboadas das Rías Baixas (viaxa de norte a sur) e, por esta razón, pódense xerar situacións de risco que cómpre evitar. A plataforma ambiental mariña deu unha serie de recomendacións sobre o que debemos e o que non debemos facer se albiscamos a Doqui (exemplar de lobo mariño cincento de máis de noventa quilos) nalgún dos nosos areais. Segundo o CEMMA, estes días foi visto en varias zonas da ría de Vigo.

Trátase dunha femia de aproximadamente dous anos de idade, neste momento ten un tamaño de case dous metros e pesa entre 90-100 kg. Habitualmente bota tempadas en mar aberto sen ser localizada que logo alterna con visitas á costa onde adoita saír descansar e durmir nas rochas. Foi en Caión onde, no verán pasado, a nomearon como Doqui.

Que facer

Diante da presenza do lobo mariño o único que hai que facer é avisar a 112 ou ao teléfono de coordinación da Rede de Varamentos 686 989 008, para que rexistren o lugar onde se atopa, e nada máis, “deixala o máis tranquila posíbel”, sinala o CEMMA, confirmando que estes días confirmouse (como no caso do golfiño da praia de Ornanda) o acoso dos bañistas, xente que lle quería dar de comer, botarlle auga e mesmo que a expulsaron do areal.

Que non facer

Pensar que está enferma ou ferida, agás que se observen feridas abertas ou mancaduras graves. Non tocala baixo ningunha circunstancia. A coordinadora lembra que os lobos mariños son agresivos en distancias curtas e presentan unha boa defensa de dentes na boca e poden magoar. Tamén se debe evitar levar os canso soltos na praia e no litoral.

Educación ambiental

Segundo o CEMMA, “para evitar esta problemática o máis importante é a divulgación e a educación ambiental, da presenza do lobo mariño e das boas actuacións que hai que ter diante del. Só dende unha posición de respecto pode darse un achegamento ao medio mariño e á convivencia coa fauna salvaxe. As situacións máis acuciantes deben ser postas en mans das forzas da orde e denunciadas, entre elas a persecución e o acoso, polo que se recomenda a denuncia na Policía Local, ou Guardia Civil (062) directamente”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.