A calor dos ribeirenses sentiuse na benvida a Ana Peleteiro, primeira medallista olímpica de Ribeira e do atletismo galego

15 Agosto 2021

O pobo de Ribeira respostou masivamente á súa campioa. As 700 cadeiras coas que seocupou a praza de España, a máis grande da cidade, enchéronse narecepción que o Concello lle dispensou á primeira medallista olímpicado municipio e do atletismo galego, e futura filla predilecta pordecisión unánime dos grupos da Corporación.

O alcalde Manuel Ruiz, a conselleira Rosa Quintana e Isidoro Hornillos como presidente da Federación Galega de Atletismo interviñeron nun evento que ademais contou coas mensaxes por videoconferencia que quixeron dar María José Martínez Patiño (a súaprimeira adestradora cando Ana era aínda unha nena, quen resaltouque leva “el gen de la competitividad”), o seu adestrador actual IvánPedroso, Ruth Beitia (última medallista española en atletismo, cunouro en Río 2016 en salto de altura), o taekwondista Álex Vidal (agoramesmo en Xapón para competir nos Xogos Paralímpicos namadrugada do 2 de setembro), o tamén medallista en Tokyo ecompadre de Ana, Ray Zapata, e o triplista portugués Nelson Évora,parella da de Fondevila.Ana Peleteiro entrou na praza baixo os acordes de “We are thechampions” e un estrenduoso aplauso do público para dar paso acontinuación a un vídeo que recordaba en sete minutos a traxectoriade Ana Peleteiro dende que no ano 2012 se proclamaba campioa domundo junior, pasando polos súas diversas medallas europeas eespañolas en categorías base e como deportista absoluta, econcluíndo co seu bronce na capital nipona.Ana Peleteiro destacou o apoio recibido por moita xente dende oprimeiro día e confesouse afortunada, non polo seu talento, senón portoda a sorte de atoparse coa xente que chegou á súa vida, entre elesos ribeirenses. Pediu un aplauso para a súa familia e agradeceu aoalcalde que lle chamase nos malos momentos e tamén eloxiou omódulo de atletismo que se vai construír na Fieiteira. Concluíuexhibindo o seu bronce e dicindo: “Esta medalla é de todos.

Durante a súa intervención, Manuel Ruiz botou a vista atrás parareivindicar o papel de deportistas ribeirenses como María JoséMartínez Patiño, impulsora de escolas deportivas, como María Vilasou como Álex Vidal, para contar agora cunha medallista olímpica, eapelou a que Ribeira se sinta orgullosa da súa xente.

Sobre Ana, dixoque “é unha muller valente que se sinte orgullosa de ser de Ribeira” e”comprometida co seu tempo” e pediu aos ribeirenses que tamén aarroupen cando cheguen malos momentos.Rosa Quintana destacou que Ana é unha gañadora non só dentrosenón tamén fóra da pista e cualificouna como unha “muller brava” aoigual que as mulleres do mar: “Porque tis unha muller do mar”,sentenciou.Isidoro Hornillos expresou o orgullo da familia atlética galega por estegran logro e repasou a evolución deportiva de Ana, rememoración naque pediu un aplauso para Maricarmen e Xosé Manuel, os pais deAna polo seu papel. Así mesmo, avanzou que neste 2021 co gallo docentenario da Federación Galega vaille conceder á de Ribeira a súamáxima condecoración: a medalla de ouro e brillantes.

O recibimento concluíu coa entrega por parte do alcalde de sendos ramos de flores a Ana e máis a súa nai e entre grandes fogos de artificio.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.