A BRILAT Galicia visita o Museo Valle-Inclán

25 Agosto 2021

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu este 24 de agosto a visita dunha representación da BRILAT.

Participaron o xeneral xefe da BRILAT Galicia VII, Luis Cortés Delgado; o tenente coronel xefe do Batallón, Francisco Martínez; e o suboficial maior, Manuel Fariña; acompañados por persoal de seguridade militar e de José Manuel Fernández Gómez, capitán da base náutica Palmira Scuba Club e anfitrión na súa xira polo municipio.

Durante o seu percorrido polas salas foron guiados polo director do Museo, Antonio González Millán, quen tamén lles fixo entrega dun agasallo de carácter protocolario: un exemplar da edición galega de O meu bisavó, relato que ten por escenarios a vila do Caramiñal e a Torre dos Valle Bermúdez, tradución de Rocío Viéitez Ferro, así como unha ilustración numerada que recrea a estadía do escritor no casal da Mercé, creación contemporánea de Héitor Picallo Fuentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.