A Ana Peleteiro: “A deusa de bronce” Manuel González González

02 Agosto 2021

Como todos os días a deusa Amaterasu paría un sol no país onde nace, o Xapón. Neste
grandioso país onde tanto veneran aos elementos naturais porque os seus centos de deuses ou espíritos se encontran nas árbores, nas pedras, nos ríos ou nas fontes entre
outros (sintoísmo), este fermoso día, outra deusa, pero do país do sol poñente ía brillar
con luz propia e como di o verso
Ao que brilla con luz propia
ninguén o pode apagar.
O seu brillo pode alcanzar
a escuridade doutras costas.
Voou Ana coma nunca o fixera coas ás da coraxe, da furia, do esforzo e do traballo de
moitos anos de sacrificios, de privacións e de constancia. Tamén coas ás do cariño e o
apoio da súa familia e voamos con ela os miles de veciños e veciñas de Ribeira de todas
as cores, porque pese ao labor que realizan algúns para desunirnos e soltarnos da man,
todos somos irmáns e non nos temos rancor, todos latimos ao unísono cun so corazón.
Grazas Ana por deixar voar contigo a este pobo traballador e facernos sentir no aire por uns segundos esquecéndonos nese intre das nosas penurias cotiás, do traballo, da saúde e da economía. Homes e mulleres do mar e do campo, da conserva e xente de todos os oficios facémonos partícipes dos teus éxitos porque pensamos que é un pulo importante
para a mellora do noso pobo xa que debe ser labor de todas e todos crear riqueza e repartila o máis equitativa e xustamente posible para mellorar a calidade de vida de todos e todas as ribeirenses.
Permítenos Ana expresar, de todas as maneiras adecuadas, a nosa ledicia espontánea que estes días de gloria nos transmiten e nos inspiran a amosarche o noso agarimo.
Grazas Ana, por ese raíño de sol que nos traes de oriente en forma de medalla.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.