A AMTEGA dará un novo impulso á transformación dixital da xestión pesqueira da Consellería do Mar

09 Agosto 2021

A Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia veñen de dar continuidade ao acordo asinado en 2019 para o financiamento de sistemas de promoción, mellora da comercialización e rastrexabilidade (trazabilidade) dos produtos do mar. Farano optimizando a transformación dixital das súas xestións pesqueiras cun investimento de preto de 4 millóns de euros. Entre as iniciativas concretas previstas inclúese a activación de plataformas para permitir a xestión informatizada e “dar resposta ás necesidades de diferentes departamentos da Consellería do Mar”.

13,30 h.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinarán un convenio de colaboración entre as dúas entidades. Na sala de xuntas da Consellería do Mar (edificio administrativo número 5 de San Caetano, 2º andar). foto xoán crespo 29/07/2021

A addenda do devandito acordo de 2019 foi asinada pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira. Esta prolongación (vixente até xuño de 2023) posibilitará ampliar até os 3,7 millóns de euros o financiamento destinado a optimizar os sistemas de información da Administración galega vencellados coa xestión pesqueira.

Como resultado da ampliación do acordo desenvolveranse sistemas de información e xestión das axudas financiadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) co obxectivo de dar soporte á xestión das subvencións. “Esta acción”, sinalaron, “incluirá ferramentas para a tramitación electrónica de todos os procedementos administrativos vencellados con esta actividade así como un módulo de explotación de datos que dea soporte ás necesidades de información particulares”.

Tamén fixeron saber que amais do portal de difusión das políticas financiadas e xestión das axudas do FEMP, o acordo posibilirará a creación dunha aplicación de xestión das autorizacións de primeira venda de produtos do mar e un sistema de xestión dos mecanismos previstos pola Organización Común de Mercados (OCM) así como o soporte das denominacións comerciais asociadas. A eles engádese un sistema de apoio na tramitación dos procedementos relacionados cos establecementos de acuicultura como as concesións, autorizacións, outorgamentos, prórrogas, traslados ou habilitacións.

O convenio tamén permite dispoñer de ferramentas de xestión da pesca fresca e conxelada, que inclúe o acceso en mobilidade aos documentos de rastrexabilidade dos produtos do mar, e o desenvolvemento de mecanismos de promoción destes produtos a través de portais e plataformas asociadas, aplicacións e redes que acompañan ás campañas, como a vencellada á marca de calidade pescadeRías, de onde se non?.

O acordo tamén terá repercusión nos servizos dixitais doutras xestións como a planificación dos eventos feirais, o rexistro de buques da comunidade autónoma, o sistema de licenzas da pesca deportiva ou distintos sistemas de carteis dixitais para a xestión remota de contidos de promoción de produtos do mar, entre outros.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...