Volve a Ribeira o campamento de verán Soño Olímpico

27 Xullo 2021

O campamento de verán de taekwondo Soño Olímpico regresa ao municipio de Ribeira nunha edición —a duodécima— que está marcada pola situación sanitaria. Polo tanto e tendo en conta a necesidade de garantir a seguridade das e dos participantes, as 200 prazas habituais redúcense á metade, repartidas en dúas datas: 50 participarán do 17 ao 21 de agosto (nados entre 2012 e 2007: categorías precadete e cadete) e outro tanto do 24 ao 28 de agosto (nados do 2008 a 2001: júnior, sénior e sub 21).

Xunto ao alcalde Manuel Ruiz tomaron parte na presentación o presidente do club Natural Sport, José Francisco Agrelo; o paralímpico Álex Vidal, que partirá a semana que vén cara Toquio; e dúas madriñas e un padriño do campamento: Tania Castiñeira (campioa de España absoluta), Sara Cortegoso (subcampioa de España absoluta) e Manu Parada (bronce no campionato de España absoluto).

José Francisco Agrelo salientou que todos os asistentes deberán acudir cunha proba PCR negativa de non máis aló de 72 horas e dentro do campamento operarase con grupos burbulla. Así mesmo, un sanitario realizará test aleatorios.

As prazas están practicamente cubertas, procedendo integramente de España e Portugal. A cita será como sempre nas instalacións do Camping Ría de Arosa 2, na parroquia de Oleiros.

Participantes en Toquio 2020
Manuel Ruiz eloxiou a iniciativa de Soño Olímpico para “favorecer o intercambio de coñecementos no ámbito do taekwondo” e manifestou a súa seguridade de que “pese a COVID esta edición estará á altura das anteriores”. Lembrou ademais que polo campamento “xa teñen pasado unha vintena de deportistas e adestradores participantes en Toquio 2020, incluíndo a española Adriana Cerezo que se acaba de proclamar subcampioa olímpica, así como o seu adestrador Jesús Ramal, a rival daquela Tijana Bogdanovic ou o adestrador Dragan Jovic”.

O alcalde tamén tivo palabras para Álex Vidal: “Esperamos que a competición sexa xusta con el e poida traer unha medalla, aínda que o que leva feito garante o orgullo de todo o pobo e o que el mesmo debe sentir”, dixo.

Por último informou de que en breve a Xunta licitará módulo cuberto da Fieiteira que entre outras actuacións inclúe catro tatamis.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.