Vicente Mariño considera que xa deu todas as explicacións sobre os certificados sen validez de test da covid-19

31 Xullo 2021


O portavoz do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, manifestou que considera que xa deu todas as explicacións precisas sobre a emisión de certificados sen validez, con resultados dos test de covid, realizados os días 23 e 24 na súa farmacia. O concelleiro descarta dimitir tras a denuncia efectuada polo PP de que expediu os xustificantes sen a autorización pertinente.

Despois de que PSOE, BNG e Suma Ribeira tamén reclamasen explicacións e indicasen que dos seus argumentos dependería que solicitasen ou non a súa dimisión, Vicente Mariño comentou que o asunto foi abordado a noite do venres nunha reunión que mantivo o seu grupo para preparar o pleno extraordinario de mañá. S

Os integrantes do PBBI cren que o municipio ten «problemas máis perentorios que o debate deste asunto». Así mesmo, Vicente Mariño precisou: «Entendemos que non merece máis debate político».

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.