Veda do choco na Ría de Arousa entre o 1 de agosto e 30 de outubro

29 Xullo 2021

Queda expresamente prohibida neste período a captura desta especie por medio de calquera arte e tamén para a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores desta área costeira.

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Mar pola que se establece a veda para a pesca do choco na ría de Arousa, que comezará o 1 de agosto e se prolongará ata o 30 de outubro, ambos días incluídos. A Xunta establece este ano por terceira vez esta medida no litoral arousán atendendo a unha solicitude da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, que conta co apoio da maioría das confrarías da ría de Arousa, tras comprobar a súa viabilidade biolóxica.

Deste xeito, queda prohibida durante ese período a captura, tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie con calquera das artes e tamén para a pesca marítima de recreo nas augas máis interiores. É dicir, a medida aplícase por dentro das liñas de referencia do anexo III recollido no decreto polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia de Galicia.

Con esta prohibición da captura do choco perséguese “o establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos”, obxectivo marcado pola Lei de Pesca de Galicia.

A veda na ría de Arousa súmase ás xa decretadas tanto na ría de Vigo como na de Pontevedra para esta especie. A prohibición de capturar o choco na ría de Pontevedra está vixente desde o pasado 5 de xullo e estenderase ata o 31 de outubro mentres que na ría de Vigo comezou o 19 de xullo e rematará tamén o 31 de outubro.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...