“Un país onde a mentira non ten castigo non ten futuro” – Manuel Domínguez

23 Xullo 2021

España e non este país, non ten clase media, intelectualmente falando.

E dóeme, profundamente dóeme, acabo de ver na TV a un locutor preguntando a xente nova e non tan nova certas preguntas, semellantes a aquela que preguntaba de que cor era o cabalo branco de Santiago Apóstolo, concretamente quen é o autor do David de Miguel Anxo ou cales son as cidades autónomas, ou quen é o rei de Portugal, e así por este estilo.

Por outra banda, ver a novos candidatos á universidade con notas altas, ou mozos graduados, que destacan, ver mozos tan preparados que o aprendido aquí ponos ao servizo de países que lles acollen.

Un mozo graduado, dous másters, 3 idiomas e o seu mellor traballo foi de camareiro, mil euros e asegurado, cotizando para o futuro, ese foi o seu mellor traballo.

Hai certos programas que non vexo por iso non podo falar en profundidade, só as noticias que leo, onde os valores que se destacan, poden ser tatuaxes, a simpleza de pensamento, propagar mentiras calumnias que logo serán un regreso á TV dicindo “é mentira arrepíntome”, máis outro regreso máis anunciando “que boas tetas me puxen”.

Un país onde un esdrúxulo pode ocupar a túa casa, mentres ti estás no hospital, e a lei protexe ao invasor, ao ladrón que rouba os teus dereitos, é un país sen lei, sen autoridade, sen respecto.

É un país onde os seus dirixentes son a mostra, a representación en grao sumo incapaz, o máis torpe e inútil da sociedade.

Os nosos gobernantes saen da sociedade, non saen da casca dun ovo, oxalá, e só son candidatos os mais zonzos da cidadanía.

Queren escribir a historia aqueles que descoñecen o que é Waterman, Faber-Castell, Pelikan ou Parker, descoñecen se a folla impar dun libro esta á esquerda ou dereita.

Os lobos nunca poñen ao animal máis débil, ao máis torpe, como xefe da manda.

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

Se llama valle alto, todo verde un pequeño rio marca frontera, antaño el viento rompía el silencio en su ausencia, hoy solo un solitario mugido, dos vacas al fondo, mas allá 4 puntos blancos, son las ovejas de tía Filomena, las vacas del tío Aurelio. Él me lleva a un...