O sábado a comarca e Galicia continuará baixo o dominio das altas presións. Deste xeito teremos un día de ceo despexado en xeral, con presenza de nubes baixas e algún banco de néboa no norte da Comunidade. As temperaturas continuarán sen cambios ou experimentarán un lixeiro ascenso quedando por riba ou rodando os 30 graos. O vento soprará frouxo de compoñente norte con réxime de brisas nas Rías Baixas durante a tarde.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:11 | 3.3 m |
| Baixamar | 11:07 | 0.9 m |
| Preamar | 17:25 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:41 | 0.8 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:01 | 3.2 m |
| Baixamar | 10:59 | 1.0 m |
| Preamar | 17:16 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:31 | 0.9 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 05:06 | 3.2 m |
| Baixamar | 11:04 | 0.9 m |
| Preamar | 17:20 | 3.5 m |
| Baixamar | 23:37 | 0.8 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



