Ribeira renova a distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación

O Ministerio de Ciencia e Innovación vén de aprobar renovación da distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación a un total de 20 cidades e municipios que obtiveron a distinción no ano 2011 e renovárona en 2015, ou ben dérona obtido en 2014. Entre as mesmas, atópase o Concello de Ribeira que a acadou no ano 2014 dentro da categoría B, para municipios de 20.001 a 100.000 habitantes.

Cómpre mencionar que soamente reciben estes galardón as cidades que se distinguen polo seu compromiso e aposta pola I+D+i, apoiando á innovación nos seus territorios, ademais de definir as políticas e potenciar as estruturas, institucións e empresas locais cun forte compoñente científico, tecnolóxico e innovador.

Con todo, a través da Rede, poténciase a colaboración entre concellos compartindo boas prácticas na xestión e iniciativas de comunicación destes proxectos aos cidadáns, aínda que tamén é un axente cada vez máis activo de promoción de políticas novas, como a compra pública de innovación, o apoio ás pemes e os emprendedores, a definición de criterios de innovación, e que promove e apoia a participación en proxectos no contexto do Programa Europeo Horizonte 2020.

En xeral, as cidades así distinguidas forman parte da asociación Rede INNPULSO de Cidades da Ciencia e a Innovación ( ARINN), un foro de encontro e de definición de políticas locais innovadoras onde se comparten experiencias e proxecto. Neste intre, conta con 63 cidades de todos os tamaños.

Por tanto, as cidades que renovaron este ano a distinción son Abanto- Zierbena (Biscaia), Ejea de los Caballeros (Zaragoza),Etxebarri (Biscaia), Gotarrendura (Ávila) e Los Santos de Maimona (Badaxoz), na categoría A, para municipios de menos de 20.000 habitantes; Alcoi (Alacante), Alzira (Valencia), Ontinyent (Valencia), Ribeira (A Coruña), Sant Feliú de Llobregat (Barcelona), Santiago de Compostela (A Coruña) e Vila-Real (Castelló), na categoría B, paramunicipios de 20.001 a 100.000 habitantes; e Alcalá de Henares (Madrid), Barakaldo (Biscaia), Logroño, Madrid, Málaga, Mataró (Barcelona), Móstoles (Madrid) e Sabadell (Barcelona), na categoría C, para municipios de máis de 100.000 habitantes.