Ribeira inicia contactos cos grupos para recibir as súas inquietudes de cara a aprobación dos orzamentos municipais

O Executivo Local de Ribeira iniciou unha rolda de contactos co resto de grupos políticos da Corporación de cara á poder aprobar durante este verán os Orzamentos Municipais.
A intención destas conversas reside en recibir as súas inquietudes e suxestións coa fin de telas en conta á hora de elaborar este documento e que a súa aprobación poida chegar a bo porto.
Neste senso, dende o Goberno Municipal considérase que dispor duns novos orzamentos —presupostos que, en todo caso, aínda non se poderían considerar postpandemia cos condicionantes que isto implica— resulta indispensable para a consecución de diversas infraestruturas industriais, sociais e deportivas, así como para continuidade de servizos básicos.