Rianxo será novamente a capital internacional dos monicreques coa sexta edición de Titiriberia

12 Xullo 2021

A Asociación Cultural Morreu e o Concello de Rianxo organizan este verán a sexta edición do Festival Titiriberia, impulsado co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e inserido na programación municipal de actividades de verán. Segundo se fixo saber, a nova edición rianxeira do certame internacional de monicreques tradicionais vaise celebrar entre os días 20 e 24 de xullo. Será un programa de espectáculos diverso e, sobre todo, descentralizado, con presenza en moi diferentes localizacións do territorio rianxeiro (haberá actividades en seis parroquias do concello). O festival celebrarase baixo un epígrafe que é unha homenaxe á vila que o acolleu: Cachiporras de pau de laranxo!

Moitos dos detalles da nova convocatoria xa se poden consultar na web titiriberia.com. A reserva previa para os espectáculos cómpre facela en concelloderianxo.gal/reservas.

Amais, haberá outras actividades e obradoiros dirixidos á rapazada que está a participar no Campamento de Verán.

As sesións comezarán o martes 20 da man de Dona Barriga Verde a cargo de Larraitz Prod Art (ás 21.00 horas na pista do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro) e proseguirán ao día seguinte, 21 de xullo, con Sidulfo e o Diaño, a cargo de Trécola (ás 12.00 horas no parque do Souto Isorna, e se chove na Casa da República) e as Varietés do animalario a cargo de Paporrubio (ás 21.00 no Centro Sociocultural A Capela do Araño).

O xoves será a quenda da mesa redonda Títeres e medios. Unha relación inexistente, con Comba Campoi (no Pazo de Rianxiño, ás 20.00 horas).

O venres 23 desenvolveranse os espectáculos Vacacións no mar a cargo de Mircromina (ás 12.00 no Parque de Santa Lucía en Asados), Maldita Máscara, de Indignati (ás 20.30 no Pazo de Rianxiño) e As Varietés de Barriga Verde (música e actuacións, no patio do CEIP Castelao ás 23.00).

O sábado será a quenda dos Retrocuentos de La Fábrica Fantástica (ás 12.00 horas no Auditorio de Rianxo) e da Feira das Sementes (ás 21.00 horas no Pazo de Rianxiño) a cargo de Babaluva. Os diferentes espectáculos complementaranse con exposicións e obradoiros de monicreques e de teatro de máscaras para a rapazada.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.