Rianxo acolle o certame Noites de Jazz do 4 ao 7 de agosto

28 Xullo 2021

O Festival de Jazz de Rianxo celebrarase do 4 ao 7 de agosto, aínda que haberá unha exposición de Henri Matisse aberta dende o 2 de agosto ata o 22 do mesmo mes (Fondos da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital). Con todo, a programación será a seguinte:

  • Mércores 4 de agosto: Tocará Miro Lamas Quartet.
  • Xoves 5 de agosto: Concerto a cargo de Valentín Caamaño Quartet.
  • Venres 6 de agosto: Será a hora do grupo Volando Libre.
  • Sábado 7 de agosto: Actuación de Habana Soul.

Todos os concertos realizaranse no exterior do CEIP Castelao, ás 22:00 horas. As entradas serán de balde, pero é obrigatorio reservalas de maneira anticipada na páxina web do Concello, na sección de reservas.

Ademais das actuacións propiamente ditas, o programa do festival vén cunha ampla vertente formativa. Están previstos os seguintes obradoiros:

* Clase mestra: Arranxos II para música moderna e Jazz – a cargo de Alfredo Susavila – Mércores día 4, de 10 a 14 horas.

* Curso de Produción Musical a cargo de Alfredo Susavila – Venres 6, de 10 a 14 horas.

* Obradoiro de Multivocalismo a cargo de Narci Rodríguez – Luns día 2 e martes 3, de 10 a 14 horas.

Información e inscricións nas accións formativas en: escolademusicaderianxo@gmail.com ou no tfno.: 671 058 555

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.