Rematada a primeira fase das melloras na contorna do CEP Salustiano Rey, na Pobra

19 Xullo 2021

O Concello da Pobra informou do remate das obras iniciais (primeira fase) para a mellora do acceso na contorna do CEP Salustiano Rey Eiras, a cal consistiu nunha reposición do firme e beirarrúas en varios tramos desas inmediacións.

A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), explicou que esta actuación enmárcase no Plan de Acción Social 2015 (PAS) da Deputación da Coruña, cun custe do proxecto que ascendía a 54.707’88 euros e que, tras o procedemento de licitación, foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe total de 36.506’57 euros.

Tamén indicou que para a execución desta actuación foron necesarios varios permisos, entre eles, do Servizo de Urbanismo e de Augas de Galicia.

Doutra banda, o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), manifestou que a demora produciuse debido “á necesidade de facer dúas modificacións no proxecto inicial, o cal se traduciu en volver pedir os correspondentes permisos”.

Así mesmo, o rexedor anunciou que esta intervención verase completada cunha segunda fase, neste caso adscrita ao POS 2015 que inclúe a rúa Antón Paz Míguez e unha zona de San Lázaro. Unha vez executada, “permitirá que a entrada e saída ao colexio Salustiano Rey Eiras quede perfectamente acondicionado”, segundo apuntou o rexedor.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.