RedeAberta.gal achega unha proposta en Rianxo para levar Internet de alta velocidade a todas as casas das aldeas

09 Xullo 2021

O operador de telecomunicacións galego RedeAberta.gal presentou ao Concello de Rianxo o seu proxecto de rede neutral de fibra óptica para o municipio. Nesta proposta de tecnoloxías avanzadas de telecomunicación contémplase levar a fibra a todas as casas das aldeas do termo municipal.

O obxectivo principal de Rede Aberta é proporcionar ao rural galego, durante os vindeiros anos, a conectividade de tecnoloxía FTTH (fibra até o fogar polas súas siglas en inglés) que asegure nas contornas non urbanas a Internet de alta velocidade, con todas as vantaxes que isto pon en xogo: máis competitividade das empresas alí asentadas con respecto ás cidades, mellores servizos, máis posibilidade de teletraballo e de teleformación, etc.

Segundo informou o Concello de Rianxo, o proxecto consiste na dotación da rede de fibra óptica propia utilizando diferentes medios e equipamentos, tanto privados como públicos, coa colaboración da Administración local mediante a sinatura dun convenio. “Esta rede permitirá á veciñanza contratar os servizos de fibra con calquera operador, máis o proxecto tenta acadar a implicación das teleoperadoras locais e comarcais, e mesmo promove a creación de empresas operadoras locais, facilitándolles o coñecemento da experiencia acadada nos casos implantados con éxito”, explicaron dende o Concello, engadindo que a filosofía desta rede está detallada na web da operadora galega, “unha rede sustentábel e respectuosa co medio natural” que garanta condicións de igualdade, competencia e non discriminación para todos os operadores e “máis un compromiso de servizo responsábel coa veciñanza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.