Recepción no Consistorio ao CF Noia polo seu meritorio ascenso a Terceira División

01 Xullo 2021

Esta semana, o luns 28, celebrouse no Consistorio de Noia a recepción oficial ao Noia Club de Fútbol polo seu título ligueiro e o seu traballo ascenso de categoría (o CF Noia proclamouse campión de liga na Rexional Preferente, grupo norte, polo que sube, a vindeira tempada, a Terceira División).

No acto estiveron presentes o alcalde noiés, Santiago Freire, a concelleira de Deportes, Laura Salgado, e os concelleiros Ana García, Martín Fernández, Bea Rosende, Ricardo Suárez, Lola Caramés e Roberto Iglesias.

O presidente do CF Noia Jose Botana e máis a totalidade do equipo deixaron a súa sinatura no libro de honra do Concello. Tanto o rexedor como a concelleira de Deportes, nas súas intervencións, felicitaron ao equipo polo seu importante traballo e polas dificultades que tivo que salvar nun ano marcado pola pandemia e desexáronlle a mellor das sortes na nova etapa en Terceira División.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...