Protección Civil de Carnota evacúa a un neno que quedou illado pola marea nunhas rochas da praia de Boca do Río

19 Xullo 2021

Os efectivos de Protección Civil de Carnota axudaron a un neno que se atopaba en apuros esta tarde, na praia de Boca do Río, despois de quedar illado polo nivel do mar nunha zona rochosa do areal.

Praia de Boca do Río

Foron os propios familiares do rapaz os que se puxeron en contacto co 112 Galicia, sobre as 15:00 horas, para solicitar axuda e facer que este puidese chegar a terra firme. As persoas indicaban que o menor de idade estaba, en perfecto estado, sobre unhas rochas das que non podía moverse debido á subida da marea e á corrente que o rodeaba.

Axiña, os xestores do CIAE-112 avisaron a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Local e aos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Estes últimos foron os que, minutos despois do aviso, lle confirmaron ao 112 que, xunto cos axentes da Policía Local, colaboraron na evacuación do neno por mar, dado a que a marea non cubría moito no punto. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais e, así, os medios de Salvamento Marítimo non tiveron que chegar a desprazarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.