“Portos de Galicia provoca a desaparición da confraría de pescadores de Cariño”. Antón Luaces

25 Xullo 2021

​Unha débeda inasumible -800.000 euros- para os aínda responsables da  confraría de pescadores de Cariño que demandan a aplicación de medidas -que existen- para salvar un pósito nacido da entrega e la aportación do propio pobo, leva ó ente público Portos de Galicia (dependente da Consellería do Mar) a solicitar a apertura dun proceso que dará paso á liquidación da citada confraría de pescadores. A xustificación deste paso – do que a Consellería non ofreceu explicación algunha, segundo o actual patrón maior de pósito, Javier Pita López- non é outra que o incumprimento pola confraría do plan de pagos da débeda indicada acordado no convenio concursal establecido no ano 2015, cando a entidade xa lograra superar a débeda que arrastraba dende os anos precedentes debida en boa medida á nula ou mala xestión de algunhas das xuntas directivas cuxa supervisión non corresponde oficialmente  a ningún organismo ou estamento. As confrarías son corporacións de dereito público tuteladas pola administración (neste caso a Xunta de Galicia) que cada trienio deben informar das altas e baixas de socios que se producen e, anualmente, do estado das súas contas. 

Integrada a de Cariño na Federación provincial de Confrarías de Pescadores da Coruña e na Federación Galega de Confrarías, tamén o está na Federación Nacional, pero ningunha destas federacións fixo nada por contribuir a mantela en pé. Tampouco o fixo a Xunta, a través da Consellería do Mar, malia coñecer a deriva na que a entidade entrara anos atrás, salvar os primeiros atrancos e, agora, grazas a un ente público (Portos de Galicia) vencellado á propia Consellería, constatar que non só non axudan senon que, moi ao contrario, afunden algo que naceu por iniciativa do propio Porto de Cariño.

Tamén aquí, en Cariño, onde se contemplou con satisfacción o traslado do pósito á súa sede actual, alentouse a cesión de espazos para o desenvolvemento das actividades da Asociación de Viciños, da Asociación de Amas de Casa e dalgunhas entidades culturais da vila, ao tempo que os armadores da maior parte da frota pesqueira (que foi moi importante nesta costa dacabalo entre o Atlántico e o Cantábrico e que tivo unha vintena de fábricas de conserva e salgadura que daban traballo á práctica totalidade das mulleres deste concello) optaban por vender as súas capturas noutros portos, abandonando, amáis, a fábrica de xeo construída nas instalacións portuarias pola propia confraría, entidade que se encargou asimesmo de modernizar as instalacións da lonxa de venda de peixe. Unha lonxa que xa non é concesión do pósito, cuestión que asimesmo contribúe a incrementar a penuria deste.

Hai queixas entre os dirixentes do pósito do desleixo que para eles protagoniza o concello -tan ligado sempre á confraría para acadar a súa constitución coma tal- coñecedor do estado de cousas que lles afecta e que, afirman, nunca deu na nova etapa un paso avante para contribuir ao mantemento deste que foi indispensable servizo ao sector pesqueiro.As queixas van tamén ao labor de oposición á lonxa que leva a cabo, aseguran os directivos do pósito, a empresa que explota en Landoi (parroquia de Cariño) a mina de dunita, da que os camións que transportan o mineral pola estrada provincial ata o porto cariñés para cargar aquí, cada poucos días, o que extraen dos montes desa parroquia con evidentes prexuízos tanto para a estrada como para o propio porto.

A Consellería do Mar non axuda. Só o fai de xeito moral, afirma un dos membros da directiva do pósito. Esta xunta directiva tentou que a Xunta trocase a débeda que arrastra o pósito polo valor do terreo -propiedade da confraría- que ocupa a denominada Casa Portuaria, na que radican as instalacións nas que desenvolve o seu labor administrativo o celador do porto, dependente este, ao igual que a casa, da Consellería do Mar en tanto que responsable directa esta do ente Portos de Galicia. Nun principio e no mandado do anterior presidente de Portos, Durán Hermida, había unha certa entente, pero o cambio na presidencia de Portos dictado pola Consellería, conduciu a esta situación que agora semella non ter remedio e que leva a Cariño a perder a súa confraía de pescadores.

Javier Pita López, aínda patrón maior do pósito de Cariño, confirmou a este xornal que, antes de que remate este mes de xullo, vai presentar a súa demisión, quedando momentáneamente ao fronte da entidade e por curto prazo de tempo o vicepatrón maior terceiro, Eloi Fojón. Tamén se espera que a Consellería do Mar decida sobre a petición formulada polos percebeiros cariñeses de que se lles permita seguir utilizando as instalacións da lonxa ata concretar a explotación desta pola súa Asociación, presidida polo anterior patrón maior, Carlos Pardo.

En Cariño, moitos viciños están convencidos de que a actual situación económica do SEU pósito débese, xunto coa mala xestión de anteriores dirixentes e mesmo a unha ctuación derivada de trasvases de cartos da confraría a outras contas alleas, ao uso para fins políticos e partidistas do diñeiro desa corporación de dereito público e  á propia xestión levada a cabo pola Xefatura Provincial de Costas que para nada contribuiu a que o pósito saira da situación na que se atopaba, “aplicando sancións ou avisando da súa aplicación” así como poñendo constantes atrancos para que a confraría poidera utilizar o seu edificio como o viña facendo dende o momento no que se autorizozu a súa construción.

Moitos culpables, en primeira instancia, e un pobo aminentemente mariñeiro que se vai ver na obriga de percorrer cando menos 35 quilómetros (ou máis) para realizar as operacións que ata o de agora veñen tramitando no seu pobo. Ortigueira ou Cedeira, que non Cariño,  serán o seu punto de destino.  

Outros artigos

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...

+

“Derechos o privilegios”. José Manuel Pena

Tanto en Europa como en el resto de los países del planeta se está a vivir una lucha desigual en la organización política y social;mientras unos responsables políticos y gobernantes abogan por el mantenimiento de los privilegios, otros defienden los derechosadquiridos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivir la Semana Santa”. José Antonio Constenla

“Vivir la Semana Santa”. José Antonio Constenla

La Semana Santa es la semana más importante del año, en ella nos adentramos a vivir en profundidad los misterios centrales de nuestra fe cristiana. El amor de Dios, la entrega del Hijo, la fe del creyente y la vida eterna recibida son las claves explicativas de esta...