Policía, Protección Civil, Brigada de Obras e CEMMA loitan en Rianxo para salvar a catro golfiños

22 Xullo 2021

O Concello de Rianxo vén de informar nas súas redes sociais de que se están a levar a cabo tarefas de urxencia, na contorna da ponte da autovía de Taragoña, para salvar a vida dunha manda de golfiños que ficaron varados nas augas desta parroquia tralo devalo da marea.

No dispositivo están a traballar axentes da Policía Local e membros da Brigada de Obras, de Protección Civil de Rianxo e máis da Confraría local, supervisados e axudados por unha técnica do CEMMA, a plataforma galega para a atención e o estudo de mamíferos mariños.

Trátase de catro exemplares que cruzaron boa parte da ría desde Palmeira e que, segundo indican as persoas que están a colaborar no salvamento, semellan estar en boas condicións á espera de que a suba da maré facilite os seus movementos. Sumouse aos traballos a zodiac de Protección Civil.

A Policía Local está a informar no seu Facebook do desenvolvemento dos traballos.

Outros artigos

O 14 de novembro celébranse as II Xornadas Micolóxicas de Noia

O próximo sábado 14 de novembro temos en Noia, grazas ás súas II Xornadas Micolóxicas, unha cita coa natureza, os cogomelos e a gastronomía. Será, en palabras da organización, "unha xornada para aprender, descubrir e gozar da riqueza micolóxica da nosa contorna". O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.