Podemos pide no Congreso que se tombe a dragaxe do Porto de Vilagarcía o que evitaría o depósito de sedimentos en Sálvora

O grupo parlamentario de Unidas Podemos-En Comú Podem- Galicia en Común presentou unha iniciativa no Congreso para solicitar ao Ministerio de Transición Ecolóxica que non admita a trámite o proxecto da dragaxe do Porto de Vilagarcía por contemplar o depósito dos sedimentos no punto de vertedura xunto a Sálvora que o pasado mes de abril foi desautorizado para este fin por resolución ministerial.
Ademais, “suporía consecuencias graves para a ría de Arousa e para as familias que viven do mar”, segundo o deputado Antón Gómez Reino. Desde Podemos piden revisar o proxecto e buscar outro punto de vertedura e tratamento dos residuos en terra.
Lembramos que o proxecto da Autoridade Portuaria foi elaborado en novembro de 2020, é dicir, con anterioridade á prohibición de utilizar o punto de vertedura das inmediacións de Sálvora o que fai que o proxecto está desactualizado e incumpriría o último ditame do Goberno. De feito, o propio estudo previo apuntaba que existen indicios de contaminación por níquel, cadmio e TBT que poden desprazarse polas correntes do mar ou aflorar.

Illa de Sálvora