A praza do Emigrante da Pobra acolle este mércores un posto informativo sobre o punto limpo móbil

27 Xullo 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal instalará un posto informativo sobre o punto limpo móbil municipal. O posto estará habilitado este 28 de xullo na praza do Emigrante e terá o obxectivo de informar á veciñanza sobre o funcionamento do servizo itinerante para a recollida de refugallos voluminosos e/ou de risco contaminante. Estará operativo en horario de 10.00 a 13.00 horas.

No punto de atención, persoal especializado da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) ofrecerá información e resolverá dúbidas sobre este novo servizo posto en marcha dende a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra).

Esta acción atópase ao abeiro da convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, co-financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021. Mediante a notificación da resolución, a Consellaría do Medio Ambiente concedeu na totalidade a contía solicitada, 18.520 euros, para a compra do punto limpo móbil, así como para a realización de campañas de divulgación e información.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...