Os noieses Barrio e Sarmiento fanse coa sétima proba do inclusivo de motonáutica

24 Xullo 2021

O Liceo Marítimo de Bouzas albergou este sábado 24 a sétima proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica, que organizou a Real Federación Galega de Motonáutica, baixo o patrocinio de Fibralar e Deporte Galego.

Foto de familia achegada (xunto co texto) por Juan Caballero

Coa participación dunha decena de equipos chegados desde A Coruña, Sada, Tomiño, Goián, Noia ou Vigo, o campionato desenvolveuse na dársena contigua aos peiraos flotantes do marítimo de Bouzas, validando dúas mangas por equipo nun slálom entre boias con probas de destreza que tiveron que completar nun tempo medio de catro minutos e medio, destacando as habilidades de fondeo, rescate e pelota-cesto.

Os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, membros do equipo ADECO-DEA – Agrupación Deportiva Costa Oeste / Deporte Adaptado, recobraron a confianza de dominar o caixón máis alto do podio, gañando a proba de Vigo, por diante dos tamén noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas. O bronce foi, finalmente, para os favoritos nesta sétima convocatoria, os vigueses José Luis Álvarez e Oswaldo Davila.

A entrega de premios celebrouse ao termo da competición nas propias instalacións do Liceo Marítimo de Bouzas, un acto ao que asistiron o presidente da entidade boucense, Miguel Pereira; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández.

Tres probas restan para a finalización do inclusivo, as que se disputen na Golada, o 28 de agosto; en Baiona, o 25 de setembro; e en Tui, o 2 de outubro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.