Os contaxios da COVID chegan a 1.165 e os hospitalizados a 149 tras superar Galicia os 12.000 casos activos

O comité clínico reúnese nesta xornada do martes e non se desbota que tome medidas restrictivas en varios concellos. Mentres continua a vacinación fronte á COVID-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, no Hospital Barbanza: 120 persoas recibirán a segunda dose de AstraZeneca e 500 coa 2a dose de Pfizer. Os chamados terán idades a comprendidas entre os 40 – 49 anos. No Hospital Clínico son chamados 920 (segunda dose AstraZeneca a persoas de 60 a 69 anos.


Os novos contaxios de Covid-19 volveron a repuntar por encima do milleiro tras o descenso da xornada anterior e ascenden a 1.165 no conxunto de Galicia, así como os hospitalizados, que soben a 149 –nove máis– e os casos activos superan os 12.000. Pola súa banda, a taxa de positividade descende lixeiramente a un 10,9% tras arrincar a semana cun 13,5%. O número de positivos na última xornada na área Santiago- Barbanza ascendeu a 109.
Segundo os datos deste martes facilitados pola Consellería de Sanidade, aumentan a 128 as persoas ingresadas en unidades convencionais pola Covid-19, nove mais que na xornada anterior, e mantéñense en 21 as que se atopan en UCI. Pola súa banda, 11.888 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe en Ourense, Vigo, Lugo e Pontevedra e O Salnés; mentres que descende lixeiramente nas de Santiago e Barbanza, Coruña e Cee e Lugo.
Por áreas sanitarias, os casos activos increméntanse en todas elas, Santiago e Barbanza (+98) coa de Pontevedra e O Salnés á cabeza (+222), seguida da de Vigo (+217), A Coruña e Cee (+196), Lugo (+116), , Ourense (+72) e Ferrol (+30).