Os Concellos da zona reciben axudas da Xunta para loitar contra o cambio climático

30 Xullo 2021
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada dunha representación das alcaldías, fai balance das axudas concedidas aos concellos para a elaboración de plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES).

A Xunta vén de anunciar a resolución da segunda convocatoria das axudas para a redacción de Plans de acción para o clima e a enerxía sustentables (Paces) que dotarán aos concellos de 70 subvencións por un importe global de 337.00 euros.
A noticia foi presentada hoxe nun acto na Cidade da Cultura, que acolleu a representantes municipais e á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, así como a directora xeral da Calidade Ambiental, Sagrario Pérez e o delegado territorial, Gonzalo Trenor. Durante o acto comunicouse a listaxe de concellos beneficiarios no Diario Oficial de Galicia.
O Plan de acción consiste na elaboración dun inventario de referencia de emisións de gases de efecto invernadoiro e na avaliación de riscos e vulnerabilidades ante o cambio climático; polo que a axuda da Xunta, os municipios poden sufragar os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos mesmos. “Este pacto integra unha loita fronte ao cambio climático como unha das variables que deben ter presente na definición das súas políticas, tanto para reducir emisión e mellorar a eficiencia enerxética, como para adaptarse ás consecuencias derivadas do quecemento global”.
Explicou Ángeles Vázquez.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.