O Son presenta unha ampla programación deportiva para este verán

18 Xullo 2021

O Concello de Porto do Son vén de anunciar a súa programación deportiva para a temporada estival, co obxectivo de cubrir as necesidades de tódolos veciños en materia de turismo e deportes. Así, fomentarán e promocionarán a actividade deportiva no Concello, autorizaranse actividades deportivas fóra das instalación deportivas e fomentarase a creación de asociación deportivas. Ademais tamén se levará a cabo a promoción de actuacións de nivel turístico no municipio.
As actividades propostas serán organizadas polo persoal da Concellería de Turismo e Deportes ou ben en colaboración cos clubs deportivos do municipio, a través da firma dun convenio.
As actividades que se realizarán este verán en Porto do Son agruparán numerosos e diversos deportes. Así, o Concello organizará cinco actividades: o Torneo de Pádel de Porto do Son, entre xullo e agosto; 1 ª Xornada de Promoción do Triatlón, o 22 e 29 de xullo e o 5 e 12 de agosto; Open de Tenis de Portosín, o 14 e 15 de agosto; Movida Urbana, entre xullo e agosto; e o Circuito de Andainas de Porto do Son, en xullo agosto e setembro.
Doutra banda atópanse as actividades organizadas polas diferentes entidades deportivas. O Club Punta Salera realizará a Liga de Tenis de Verán de Porto do Son durante xullo e agosto. O A.D.C Arnela a Liga Galega de Orientación en BTT en setembro, o Club Ciclista sonense a Marcha BTT, o Tiro Libre SCQ o Campus de Baloncesto de Porto do Son e o Natural Sport o Campionato de Taekwondo Internatural de Porto do Son. Ademais o Real Club Náutico de Portosín organizará dúas actividades ao longo do verán: as Regatas de Verán Real Club Náutico de Portosín; e a Escola de Vela de Verán.
Todas estas actividades promovidas polo Concello son provisionais, e levaríanse a cabo en caso de que as circunstancias sanitarias o permitisen. Deste xeito, a programación deportiva desenrolarase en tres núcleos de poboación: Porto do Son, Portosín e Xuño.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...