O Son incrementa nun 27% a recollida solidaria de roupa

30 Xullo 2021

A organización humanitaria Humana Spain achegou un balance da actividade solidaria desenvolvida no que vai de ano en Porto do Son a través da implicación veciñal. Segundo fixo saber, foi quen de recuperar máis de 9 toneladas de téxtil usado en Porto do Son no primeiro semestre do 2021 para dar unha segunda vida ao material colleitado. 🤩

É un aumento do 27% respecto ao mesmo período do ano pasado. Amais, a recollida selectiva de xaneiro a xuño equivale a 41.000 pezas de roupa que serán reutilizadas ou recicladas cun fin social e ambiental. En termos de sustentabilidade enerxética, a recuperación do residuo téxtil no que levamos de ano evitou a emisión de 29 toneladas de CO2, informou o Concello de Porto do Son dende o seu Facebook.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.