O Concello de Porto do Son, a través da área de Cultura, ofrece para o que resta de xullo unha serie de actividades culturais en diferentes recunchos do termo municipal, citas onde todos os elementos serán dispostos para garantir a seguridade sanitaria do público asistente.

Este 21 de xullo, a produtora Urdime leva á praza de España de Porto do Son o espectáculo GHOP!, de Teatro ao Cubo. Será a partir das 12.00 horas.
O xoves 22 de xullo será a quenda da Asociación Lucense de Tempo Libre (A Nube Animación), que achegará un contacontos á Axencia de Lectura de San Pedro de Muro, a partir das 17.00 horas. Trátase dunha actividade inserida no Programa Ler Conta Moito da Xunta.

Ao día seguinte, 23 de xullo, actuará no Son o músico noiés Narci Rodríguez, da man de Seispes Producións Creativas (Rede Cultural da Deputación).

Amais, o 24 de xullo celebrarase na praza do Curro de Portosín unha sesión vermú con Raíces Flamencas e ao día seguinte, na xornada do 25, a praza de España de Porto do Son acollerá un concerto de Andrea Pousa (Programa Xacobeo da Xunta).
Outras citas da axenda do mes de xullo
-26 de xullo. Contacontos Xogando coa Música. Con Esperanza Mara (EmanArte). Programa Ler conta moito da Xunta.

-27 de xullo. Contos Aquelando as Nosas Letras con Xela. Na Axencia de Lectura de Portosín ás 12.00 horas. Programa Ler conta moito.
-28 de xullo. Fantoches Baj. Os Romeiros do Caracol. Na praza do Curro de Portosín ás 12.00 horas. Cultura no Camiño.
-29 de xullo. A Nube Animación. E ti quen es, logo ou galiña? Na Axencia de Lectura de San Pedro de Muro, ás 17.00 horas. Ler conta moito.
-29 de xullo. Sesión Vermú con Rockolas, en Porto do Son.
-31 de xullo. Ás 22.00 horas. Errantes de Troula Animación. Rede Cultural da Deputación.
-Todo o mes de xullo. Exposición de pinturas de Jesús Costa, C. Beiro e Rosana Calvo. Na sala de exposicións da Casa de Cultura de Porto do Son.



