O Son acolle en agosto un obradoiro sobre como impulsar unha iniciativa de emprendemento cooperativo

05 Xullo 2021

O Concello de Porto do Son vai organizar en agosto unha formación presencial para mostrar á cidadanía as vantaxes de emprender en cooperativa e os mecanismos axeitados para facelo. O curso desenvolverase entre os días 3 e 6 de agosto, e serán 20 horas de contidos, en horario de 9.30 a 14.30 horas.

O obradoiro vai dirixido a persoas en risco de exclusión social interesadas neste tipo de iniciativas (desempregadas ou en activo).

Aprenderáselles o modelo cooperativo, as condicións e pasos para poñer en marcha unha empresa baixo esta fórmula colectiva, as portas nas que petar para beneficiárense de axudas e apoios e as diferentes metodoloxías das que botar man para asegurárense o éxito nas súas propostas (mostraranse exemplos concretos de cooperativas rendíbeis e competitivas).

As inscricións deberán facerse no servizo de Orientación Laboral do Concello de Porto do Son, no teléfono 981 86 74 12 ou ben a través do correo jose.pazo@portodoson.gal.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.