A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza habilita o sábado 31 de xullo dispositivos permanentes para realizar test de antíxenos e labores administrativas relacionadas coa COVID-19 (impresión da e-chave, do certificado de vacinación, o certificado do resultado da proba diagnóstica negativa ou tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fora de Galicia).
En Ribeira na Lonxa situada no porto pesqueiro da cidade. Horario de atención para a realización de antíxenos será os sábados de *10.00 a 20.00 horas. O punto administrativo aberto de luns a venres de *9.00 a 21.00 horas e os sábados de 10 a 20 horas. *
Acceso libre para maiores de 12 anos
En Santiago de Compostela,será no Auditorio do Campus Sur da USC, na avenida de Vigo. Horario de atención para test de antíxenos e 🗓labores administrativos: Luns a venres de 9.00 a 21.00. Sábado de 10.00 a 20.00