O programa Boiro facendo camiño incorpora tres novas rutas

29 Xullo 2021

O departamento de Turismo do Concello de Boiro vén de incorporar tres novos percorridos ao programa de turismo sustentábel, lecer e reivindicación do patrimonio e a paisaxe Boiro facendo camiño. O obxectivo deste proxecto, que contaba xa con tres percorridos, é dar a coñecer rutas de sendeirismo no municipio, “pouco coñecidas pero accesíbeis”, sinalan dende o dito departamento, engadindo que os novos roteiros teñen “unha característica común”, que é que todos transcorren por algunha praia ou zona costeira.

O primeiro deles é o de Boiro – Ancados – Ladeira do Chazo, que sae do núcleo urbano e chega a Ancados e a Ladeira do Chazo, empregando camiños e zonas con sombra. A distancia é duns 10 quilómetros, de dificultade moderada, e dunha duración estimada de 2 horas e 30 minutos.

Outra das novas rutas é a de Boiro – Carragueiros, que sae tamén do núcleo urbano e chega á praia de Carragueiros por camiños de pés e con sombra. A dificultade é tamén moderada cunha distancia de 11 quilómetros e unha duración de 2 horas e 40 minutos.

O terceiro dos novos percorridos é de Boiro – Mañóns, que inicia no núcleo urbano e vai ata a praia de Mañóns, buscando antigos camiños con sombra e lugares de interese. Cunha distancia de 9,62 quilómetros e unha duración de 2 horas e 45 minutos, a súa dificultade é moderada.

Estes percorridos súmanse aos outros tres que xa estaban dispoñíbeis e que se poden consultar na web www.boiroturismo.gal e tamén descargar para poder seguir a ruta mediante dispositivos móbiles. Todos eles, deseñados polo departamento de turismo e coa colaboración veciñal de sendeiristas afeccionados, transcorren a carón de hórreos, cruceiros, lavadoiros, fontes…

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.