O PBBI reclama unanimidade dos grupos da Corporación fronte ao peche de aulas no CEIPP do Palmeira

04 Xullo 2021

A agrupación Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seu concelleiro Vicente Mariño de Bricio, presentou unha moción relativa ao CEIPP de Palmeira e as reclamacións efectuadas pola súa comunidade (nais, pais e corpo docente) para que non se supriman dúas aulas de Infantil no dito centro. O partido mostrou o seu apoio ao CEIPP nesta reclamación e amosou “o seu rexeitamento á supresión das aulas acordada pola Consellería de Educación”.

Concentración contra os peches celebrada os días pasados no centro educativo

A formación entende que “eliminar no último día e sen previo aviso suprimindo dúas aulas na etapa de Educación Infantil demostra que o departamento que dirixe Román Rodríguez non está a apoiar unha educación pública de calidade”.

O PBBI apoia “a toda a familia educativa do CEIPP de Palmeira, no que, segundo lembran, veñen de ter lugar accións de protesta por parte dos pais e das nais, ás que se sumaron profesores, equipo directivo e persoal non docente do colexio de Palmeira.

A agrupación pide a implicación da Corporación de Ribeira na solución do problema “ante este abuso da Consellería de Educación” e critica as consecuencias que terían estes recursos nos centros, “que obrigarán a ter menos protexidas as aulas e máis inseguros aos alumnos fronte á epidemia do coronavirus no próximo curso académico”.

Por iso, o PBBI solicita que todos os grupos políticos de Ribeira asinen un manifesto de apoio aos pais e docentes do colexio plurilingüe de Palmeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.