O Museo do Gravado de Artes dará a coñecer este sábado os gañadores do XII Premio Atlante

22 Xullo 2021

O desenvolvemento da duodécima edición do Premio Atlante de Gravado, convocado polo Museo de Artes, vai chegar este sábado 24 a un intre culminante. Trátase da xuntanza do xurado destinada a elixir as gañadoras e gañadores do certame, que vén con cinco galardóns diferentes. O palmarés darase a coñecer este mesmo día no Museo do Gravado ás 13.00 horas.

O Museo do Gravado de Artes informa que nesta ocasión recibíronse 215 obras de 180 participantes, procedentes de 19 países: Arxentina, Brasil, Bulgaria, Canadá, Cuba, España, Francia, Gran Bretaña, Gibraltar, India, Irlanda, Israel, Italia, Uruguai, México, Pakistán, Polonia, Romanía e Rusia.

Os premios que se conceden suman a contía de 14.500 €

– Premio Atlante Ramiro Carregal Rey – 5.000 €

– Premio Atlante Galicia – Pedras de Santiago – 2.000 €

– Premio Atlante – 2.500 €

– Premio Atlante – 2.500 €

– Premio Atlante – 2.500 €

A entrega de galardóns do XII Premio Atlante de Gravado será o sábado 17 de setembro de 2021, ás 13.00 horas.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.