O Liceo Marítimo de Bouzas acolle a VII Proba do Campionato Galego Inclusivo Fibralar de Motonáutica

23 Xullo 2021

O Liceo Marítimo de Bouzas (Vigo) acolle este sábado 24 de xullo a sétima proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, unha gran cita deportiva na que os vigueses José Luís Álvarez e Oswaldo Davila parten como favoritos tras gañar, de maneira consecutiva, as dúas últimas citas do autonómico, as disputadas en Cabo de Cruz (Boiro) e Castrelo de Miño (Ourense).

Os noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas

Tralos devanditos pilotos sitúanse, seguíndoos moi de preto, os noieses Pepe Barrio e Pilar Sarmiento, que chegan á cidade olívica con ganas de recuperar o lugar máis alto do caixón nas probas individuais, cetro que non posúen desde a primeira á cuarta probas que se celebraron en Portosín, Outes, Ares e Goián.

Na terceira posición da táboa do cómputo do seis xornadas xa validadas, atópanse os tamén noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas, seguidos moi de preto polos sadenses Óscar Barros e Amaya López, que foron bronce no encoro de Castrelo.

A xornada constará de dúas mangas por equipo, que se disputarán na lámina das augas de Bouzas, protexidas pola entrada ao porto deportivo do Liceo Marítimo, con boias fondeadas para trazar un slálom e as sempre complicadas probas de habilidade como o fondeo, rescate, pelota-cesta e amarre.

A cita dará comezo ás 10.30 da mañá e a entrega está prevista ás 13.30 horas, coa asistencia confirmada do xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.